Leitón Celta
Do campo
á túa mesa
D.O.D. Celtas da Ulloa é unha sociedade cooperativa creada por tres xóvenes de Monterroso (Lugo), que se adica a cría de porco celta, raza autóctona galega que se encontra en perigo de extinción.
Os nosos animais son criados en liberdade e con produtos naturais, colleitados todos nas nosas leiras. A nosa prioridade é o benestar dos animais, sempre intentando que se encontren nas mellores condicións.
Na actualidade adicámonos a cria e venda de leitón de porco celta, ou como a nós nos gusta chamarlle, Leitón Celta. Todos os animais levan o logotipo 100% raza autóctona, garantizando así a súa trazabilidade e autenticidade.














Leitón Celta
Elixe como
o queres
En D.O.D. Celtas da Ulloa traballamos con restaurantes de toda Galicia que apostan por ofrecer aos seus clientes carne autóctona da máxima calidade.
Tamén facemos envíos a domicilio, para particulares.
Traballamos con diferentes pesos, e envíamolo enteiro ou despezado.






O QUE DIN OS NOSOS CLIENTES
Restaurante Benedita Elisa
No restaurante Benedita Elisa confiamos nos criadores de Porco Celta. Do leitón destacamos a melosidade e sabor doce da carne. Na graxa reflíctese o froito dunha boa alimentación e coidado. Sabor máis doce que o ibérico. Nós cociñámolo a baixa temperatura, despois desfacémolo e prensámolo ca súa pel. Finalmente tostamos a pel e acompañámolo con xeado de limón.
Carlos Insua
55 Pasos
Namorados do produto que nos envían sempre. Pezas do tamaño acordado e moi difíciles de conseguir no mercado, xa que ninguén está disposto a producir leitóns de Porco Celta. Capa de graxa perfecta entre a pel e o magro. Carne tenra e aproveitamento ó 100% de todas as partes. Se se prefire facer despece, elaborado como lle toca, ten texturas diferentes, pero todas tenras e cheas de sabor. Recórdanos moito ós leitóns Noir de Bigorre. Recomendámolo ó 100%.
Balázs Menyhard
Brasería A Faragulla
Excelente relación carne (magro)-grasa e óso, a pel ten un crocante espectacular.
Antonio Lorenzo
Como comprar leitón de porco celta
O noso leitón celta pódese comprar en dous formatos:
- Enteiro
- Despezado en 2 xamonciños, 2 costillares, 2 laconciños e 1 cachola.
Podes elixir entre leitóns de tres pesos (peso aproximado):
- 5 kilos | Para 6-8 persoas.
- 7 kilos | Para 10 persoas.
- 11 kilos | Para 15-20 persoas.
Podes encargarnos o teu leitón celta a través das seguintes vías:
- Formulario de contacto da nosa web.
- O noso mail: d.o.d.celtasdaulloa@gmail.com
- O noso teléfono: 620 44 94 54
Normalmente podemos envialo ao día seguinte do pedido, pero ás veces pode retrasarse algún día máis.
¡Consúltanos!
Enviamos o leitón fresco en caixa isotérmica nun transporte con temperatura regulada.
Encárgasnos o leitón de porco celta e nós dámosche un número de conta bancaria á que facer a transferencia. Cando esté validada, enviámoste o pedido.
Como criamos o leitón
Os nosos leitóns só se alimentan do leite da súa nai.
As nais aliméntanse principalmente de produtos cultivados nas nosas propias leiras: berzas, nabos, cabazos, remolacha.. E tamén dos froitos autóctonos da nosa zona: castañas, bellotas e mazás. Tamén consumen fariña de trigo e millo.
Somos un pequeno produtor que só conta con 12 nais, polo que criamos uns 200 leitóns ao ano. Isto permítenos darles ás nais e ás crías un coidado especial, pero tamén nos impide atender a unha alta demanda. Se queres probar o noso leitón de porco celta, encárgao canto antes!