Facebook Facebook Instagram Instagram d.o.d.celtasdaulloa@gmail.com d.o.d.celtasdaulloa@gmail.com 620 44 94 54 620 44 94 54 WhatsApp
Foto 1
A NOSA GRANXA OS NOSOS PRODUTOS

LEITÓN CELTA 100%

Criado en liberdade

Imagen 1
Imagen 2
Imagen 3
Imagen 4

Leitón Celta

Do campo á túa mesa

D.O.D. Celtas da Ulloa é unha sociedade cooperativa creada por tres xóvenes de Monterroso (Lugo), que se adica á cría de porco celta, raza autóctona galega que se encontra en perigo de extinción.

Os nosos animais son criados en liberdade e con produtos naturais, colleitados todos nas nosas leiras. A nosa prioridade é o benestar dos animais, sempre intentando que se encontren nas mellores condicións.

Na actualidade adicámonos á cría e venda de leitón de porco celta, ou como a nós nos gusta chamarlle, Leitón Celta. Todos os animais levan o logotipo 100% raza autóctona, garantindo así a súa trazabilidade e autenticidade.

Foto 1 Foto 2 Foto 3 Foto 4

Leitón Celta

Elixe como o queres

En D.O.D. Celtas da Ulloa traballamos con restaurantes de toda Galicia que apostan por ofrecer aos seus clientes carne autóctona da máxima calidade.

Tamén facemos envíos a domicilio, para particulares.

Traballamos con diferentes pesos, e enviámolo enteiro ou despezado.

Imagen 1
Imagen 2
Imagen 3
Imagen 4

O QUE DIN OS NOSOS CLIENTES

No restaurante Benedita Elisa confiamos nos criadores de Porco Celta. Do leitón destacamos a melosidade e sabor doce da carne. Na graxa reflíctese o froito dunha boa alimentación e coidado. Sabor máis doce que o ibérico. Nós cocinámolo a baixa temperatura, despois desfacémolo e prensámolo ca súa pel. Finalmente tostamos a pel e acompañámolo con xea do de limón.

Carlos Insua

Cociñeiro do Resturante Benedita Elisa | Santiago de Compostela

Excelente relación carne (magro)-grasa e óso, a pel ten un crocante espectacular.

Antonio Lorenzo

Chef da Brasería a Faragulla | Chantada (Lugo)

Namorados do producto que nos envían sempre. Pezas do tamaño acordado e moi difíciles de conseguir no mercado, xa que ninguén está disposto a producir Porco Celta. Capa de graxa perfecta entre a pel e o magro. Carne tenra e aproveitamente ao 100% de todas as partes. Se se prefire facer despece, elaborado como lle corresponde, ten texturas diferentes, todas tenras e cheas de sabor. Recórdanos moito aos leitóns Noir de Bigorre. Recomendado ao 100%.

Bazáls Menyhard

Chef e propietarios de 55 Pasos | A Coruña

Como comprar leitón de porco celta

PEZAS

O noso leitón celta pódese comprar en dous formatos:

  • Entero
  • Despezado en 2 xamónciños, 2 costillares, 2 laconciños e 1 cachola.

PESO

O peso aproximado dos leitóns é de 12 a 15 kg.

COMO COMPRALO

Para comprar o leitón celta, podes contactar connosco a través do noso correo electrónico ou teléfono.

CANDO CHEGA

Os pedidos adoitan chegar en 3-5 días hábiles, dependendo da localización.

COMO SE ENVÍA

Enviamos os nosos produtos en caixas térmicas para garantir a súa frescura.

COMO SE PAGA

Aceptamos pagos mediante transferencia bancaria ou tarxeta de crédito.

Como criamos o leitón

ALIMENTACIÓN DO LEITÓN

Os nosos leitóns só se alimentan do leite da súa nai durante as primeiras semanas de vida.

ALIMENTACIÓN DA NAI

A nai aliméntase de produtos naturais, colleitados nas nosas leiras, garantindo a mellor calidade do leite para os leitóns.

NÚMERO DE NAIS E LEITÓNS

Temos un total de 20 nais que crían aproximadamente 10 leitóns cada unha.